O DOG concede a protección nacional transitoria nos viños de Ribeiras do Morrazo

Ribeiras do Morrazo é recoñecida como área de protección nacional transitoria nos viños. A Comisión Europea transmitiu a súa solicitude de inscrición o 24 de novembro.

Ribeiras do Morrazo recibe a protección nacional transitoria á indicación xeográfica protexida, polo que só poderá ser empregada na comercialización dos viños que cumpran  as especificacións do prego de condicións transmitido á Comisión Europea. Os viños amparados coa indicación xeográfica protexida de Ribeiras do Morrazo deberán proceder
exclusivamente de viñedos procedentes de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa. A evolución do cultivo da vide no Morrazo tivo unha expansión crecente dende a Idade Media e ó fin foi recoñecida como área protexida pola Comisión Europea o pasado 24 de novembro.

Deja un comentario