A vaca e o boi galegos obteñen a Indicación Xeográfica Protexida

noticia vaca

 (ENT) O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a orde da Consellería do Medio Rural pola que recoñece a denominación de orixe da vaca e o boi galegos. Con este recoñecemento, o selo de calidade da carne e do leite galego queda aprobado a nivel nacional. A partir de agora será necesario que estes produtos cumpran as características que se establecen no prego de condicións.

A IXP ampara á carne fresca de bois e vacas procedentes de Galicia, que se comercializa en todo tipo de cortes. Estas deben pertencer  ás principais razas de gando vacún existentes en Galicia: a rubia galega, morenas galegas, asturiana de los valles, limusina, rubia de Aquitania, pardo alpina e frisona.

O ámbito xeográfico de produción e elaboración da carne da IXP Vaca e Boi de Galicia abrangue á totalidade do territorio galego. Por este motivo, os animais deben nacer, criarse, engordarse, sacrificarse e despedazarse en Galicia, co obxectivo de preservar a súa especificidade e controlar as condicións de obtención do produto, así como a súa rastrexabilidade, para poder identificar os produtos.

Queda expresamente prohibido o emprego de produtos que poidan interferir no ritmo normal de engorda das reses, así como o emprego de derivados de animais reciclados. Para o control dos pensos compostos utilizados, os fabricantes subscribirán co Consello Regulador un acordo polo cal se comprometen ao cumprimento das especificacións sobre alimentación, co fin último de garantir a súa identidade.

Con esta denominación de orixe preténdese acabar coa etiquetaxe fraudulenta de produtos cárnicos e lácteos galegos, así como recoñecer a distinción e calidade dos produtos. Esta carne de cor vermello mantivo o mesmo coidado ó longo da historia: pequenos produtores, con números reducidos de vacas e unha ceba coidadosa e paciente en pastos moi favorables para os animais, que fan dos bois e das vacas galegas un produto único.

 

Deja un comentario