Rafael Quintía: «Halloween é unha adaptación da tradición celta do Samaín»

XVI - XVIII, la nueva fachada y la torre campanario, terminada en 1781
San André de Teixido- Concello de Cedeira

Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), concedeu onte unha entrevista a Radio Euskadi onde tratou sobre a visión particular da morte en Galicia e a súa vinculación coa parroquia de San André de Teixido, no Concello de Cedeira.

San André de Teixido é considerado un lugar moi relacionado coa morte en Galicia, debido á súa vinculación co fin do mundo. Rafael Quntía asegurou que unha das características principais de Galicia é a súa relación coa morte, xa que non é un pobo que o trate como un tema tabú. De feito, o mes de novembro culmina coa celebración do Samaín.

«A tradición atlántica do Samaín, que coincide á víspera de Todos os Santos, está a retomarse en Galicia grazas a Halloween, que foi unha adaptación da tradición celta do Samaín», asegurou o antropólogo  . Esta celebración ten lugar en novembro, un período vinculado á natureza, é o momento no que o sol ten menos luz e forza, polo que é asociada co máis alá.

Rafael Quintía asegurou que a relación coa morte en Galicia supón un vínculo terreal e afectivo, é unha relación directa entre os vivos e os mortos. San André de Teixido é un dos lugares máis vinculados a esta relación directa entre os vivos e os mortos, polo que Quintía recalcou a importancia desta parroquia galega.

 

Deja un comentario