Rafael Quintía: «Halloween é unha adaptación da tradición celta do Samaín»

XVI - XVIII, la nueva fachada y la torre campanario, terminada en 1781
San André de Teixido- Concello de Cedeira

Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), concedeu onte unha entrevista a Radio Euskadi onde tratou sobre a visión particular da morte en Galicia e a súa vinculación coa parroquia de San André de Teixido, no Concello de Cedeira.

San André de Teixido é considerado un lugar moi relacionado coa morte en Galicia, debido á súa vinculación co fin do mundo. Rafael Quntía asegurou que unha das características principais de Galicia é a súa relación coa morte, xa que non é un pobo que o trate como un tema tabú. De feito, o mes de novembro culmina coa celebración do Samaín.

«A tradición atlántica do Samaín, que coincide á víspera de Todos os Santos, está a retomarse en Galicia grazas a Halloween, que foi unha adaptación da tradición celta do Samaín», asegurou o antropólogo  . Esta celebración ten lugar en novembro, un período vinculado á natureza, é o momento no que o sol ten menos luz e forza, polo que é asociada co máis alá.

Rafael Quintía asegurou que a relación coa morte en Galicia supón un vínculo terreal e afectivo, é unha relación directa entre os vivos e os mortos. San André de Teixido é un dos lugares máis vinculados a esta relación directa entre os vivos e os mortos, polo que Quintía recalcou a importancia desta parroquia galega.

 

Un kamikace provoca un accidente en Barbanza con dous mortos

coche

O responsable do accidente foi trasladado inmediatamente ao Hospital Clínico de Santiago, onde se atopa en estado grave.

Un home de 60 anos que conducía un BMW pola autovía do Barbanza en sentido contrario deixou dúas persoas mortas. As vítimas, de 30 anos de idade, conducían un skoda que se incendiou na colisión o pasado  martes.

O accidente que acabou coa vida dun home e dunha muller tivo lugar á altura da saída de Catoira, no Concello de Rianxo. Os veciños chamaron ao 112 e a Central de Coordinación de Urxencias do 061 recibiu o aviso ás 22:34 horas.

O conductor do vehículo que ía en sentido contrario resultou ferido de gravidade,polo que se desprazaron ao lugar do accidente dúas ambulacias asistenciais, outra medicalizada e persoal sanitario da PAC de Rianxo. O sexaxenario, que se atopaba en estado de gravidade, foi trasladado en ambulancia medicalizada ao Hospital Clínico de Santiago.

 

 

 

 

 

O DOG concede a protección nacional transitoria nos viños de Ribeiras do Morrazo

Ribeiras do Morrazo é recoñecida como área de protección nacional transitoria nos viños. A Comisión Europea transmitiu a súa solicitude de inscrición o 24 de novembro.

Ribeiras do Morrazo recibe a protección nacional transitoria á indicación xeográfica protexida, polo que só poderá ser empregada na comercialización dos viños que cumpran  as especificacións do prego de condicións transmitido á Comisión Europea. Os viños amparados coa indicación xeográfica protexida de Ribeiras do Morrazo deberán proceder
exclusivamente de viñedos procedentes de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa. A evolución do cultivo da vide no Morrazo tivo unha expansión crecente dende a Idade Media e ó fin foi recoñecida como área protexida pola Comisión Europea o pasado 24 de novembro.

Myriam Sierra: «O Sergas é a maior empresa de Ourense»

 

Resultado de imagen de comunicacion e saude xornada
Xornada de Comunicación e Saúde celebrada na facultade de Ciencias da Comunicación

O Sergas realizou en 2016 un total de 204.725 intervencións cirúrxicas, o que supón  5.035 máis que no ano anterior. Cifras como estas, amósannos a importancia e o melloramento do Servizo Galego de saúde. Myriam Sierra, Xefa de prensa da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada do Sergas (EOXI) en Ourense, asegura que o Sergas é a maior empresa de Galicia, e que por iso é fundamental na comunicación. Myriam, unha das participantes da xornada celebrada na facultade de Ciencias da Comunicación, afirma que a Lei de Protección de Datos impide publicar moita información e que é necesario unha maior especialización.

Dende a outra cara da moeda, Abelardo Sánchez, representante do sector dos pacientes, foi un dos participantes da xornada celebrada o martes, 7 de febreiro,  sobre o tratamento da comunicación e a saúde en Galicia. Abelardo Sánchez, reivindicou a necesidade de evitar a frialdade entre médico e paciente e considera que unha boa comunicación é esencial para coñecer o tema sanitario. «A boa comunicación é clave, a información ten que axudar á innovación». Ramón Frexes, Director Nacinal de Relacións Institucionais de Janssen, coincide con el e asegura que a súa empresa loita por conseguir romper esa barreira entre médico e paciente. A súa empresa é unha das que máis productos farmacéuticos abrangue na actualidade, e polo tanto,  das máis influintes.

Xoel Gómez, xornalista da Voz de Galicia especializado en Sanidade e Ensino, falou da súa experiencia como xornalista adicado á sanidade e apelou á dificultade de informar de maneira veraz debido á competencia coas novas tecnoloxías. «A maior mudanza nos medios de comunicación en canto á saúde nos últimos anos foron os gabinetes de comunicación porque facilita o traballo dos medios». Algúns dos temas nos que coinciden os profesionais son a importancia das novas tecnoloxías no mundo da comunicación e da saúde, sendo unha ferramenta fundamental para chegar á cidadanía, pero dificultando en ocasións a súa veracidade pola rápida difusión. É por isto, que os comunicadores deben asegurarse de ser una ponte coa cidadanía no tema da sanidade.