Becerreá culturízase cunha nova asociación: ‘Nacente’

IMG-20170504-WA0032

Nacente‘ é o nome da nova asociación cultural creada en Becerreá. A asociación está formada por rapaces de entre 18 e 21 anos da comarca dos Ancares. Con esta asociación, os mozos pretenden crear un espazo no que debatir, organizar novas actividades e fomentar a cultura nas zonas rurais como Becerreá.

Esta asociación cultural, formada por 26 mozos e mozas, foi creada oficialmente en abril, aínda que os rapaces levan un ano reuníndose e organizando diversos proxectos. ‘Nacente‘ pretende cambiar os costumes dos rapaces para divertirse e recuperar a complicidade que había antes nas aldeas.

Andrea Valle Alonso, a presidenta da asociación, anima á mocidade a levar a cabo actividades deste tipo e considera que as asociacións son unha boa alternativa para fomentar o uso da lingua galega. «Nacente é unha palabra ben nosa que transmite á perfección os obxectivos da asociación:ser un novo día, unha nova alternativa», alegou Andrea.

Estes rapaces da montaña luguesa pretenden crear un «recuncho» onde poder falar e debatir sobre literatura ou cine, por este motivo intentarán crear un pequeno xornal que reflexe a situación que se vive na súa zona. «Queremos darlle voz aos veciños», declarou a presidenta. ‘Nacente’ tamén organiza excursións para coñecer máis en profundidade a súa contorna, unhas viaxes que ata o momento foron subvencionadas por eles mesmos.

A ‘PIPA‘ foi a primeira asociación cultural que naceu en Becerreá coa edición dunha revista en 1988. Afonso Becerra Arrojo, o seu fundador, é un importante dramaturgo e director de escena actualmente en Galicia que comezou creando unha asociación na súa vila natal, Becerreá.» As mozas e os mozos debedes conquistar o territorio e facelo voso. Non hai dereito a que teñades que marchar da vosa vila ou do lugar no que crecestes só porque non vos ofrece os medios para desenvolvervos como persoas adultas independentes «, alegou Afonso.

Na actualidade, a ‘PIPA’ ofrece actividades culturais abertas ao público como o Certame Literario da Alta Montaña Luguesa, enfocado cara á xente moza que lle gusta escribir ou as Noites Poéticas, inauguradas en 1996 con Uxío Novoneyra. «O asociacionismo é un movemento, ou debería de selo, para avanzar e mellorar xuntas/os», así declarou o fundador da ‘PIPA’.

A ‘PIPA‘ foi o punto de partida para fomentar as actividades de tipo cultural en Becerreá. Na actualidade, existen diferentes asociacións na vila como Son de Cores, ZoelaAs Candelas e, agora, Nacente. Todas elas enfocadas a diferentes actividades culturais que pretenden fomentar e recuperar os costumes tradicionais nunha zona de montaña como é Becerreá.

 

María Castro: «Creo que sería igual de feliz si me dedicara a la enseñanza»

maria-castro--575x323

María Castro, la actriz gallega conocida  por su papel como Pauliña en la serie  Pratos Combiandos o la Jesi en Sin Tetas No Hay Paraíso ha concedido una entrevista en la que  ha hablado de su reciente maternidad y su trayectoria en el mundo del teatro y del cine.

María irradia felicidad tras convertirse en mamá. La actriz gallega se ha mostrado muy receptiva a la hora de mostrarnos cómo evolucionaba su embarazo a través de las redes sociales, ya que considera que puede resultar útil para otras mujeres en su estado, aunque mantendrá siempre la privacidad de su vida más íntima, alegando: «Mi niña, por supuesto, no saldrá en fotos… sí saldrán, a lo mejor, sus pies o sus manos, pero nunca su cara».

La viguesa, que estudió  INEF y Magisterio, ejerció como profesora durante un mes y medio en un instituto de Pontevedra, justo antes de incorporarse a una serie en Madrid. También empezó la carrera de Periodismo, la cual no terminó porque no pudo compaginarlo con el teatro y la televisión, aunque la actriz declara: «Si algún día soy profe, no se me caerán los anillos. Creo que sería igual de feliz si me dedicara a la enseñanza».

La actriz nos ha hablado de sus aspiraciones y ha dicho que le encantaría encarnar algún día un musical. «Con todos los que he visto : Moulin Rouge, Fiebre del sábado noche, Mamma mía… me encantan, lo que pasa es que respeto mucho a la gente que se dedica a ello porque son profesionales como la copa de un pino y lo que no me gustaría nunca sería inmiscuirme en algo para lo que no estoy preparada». Por este motivo, la actriz no duda en seguir formándose.

María Castro, una mujer con las ideas claras y los pies en el suelo, no olvida su pasado y vive uno de los mejores momentos como actriz. La actriz ha querido hacer una mención por los muchos productores que no pueden asumir funciones en el mundo del cine y del teatro, lo cual limita el trabajo de los actores: «Ojalá la situación cambie porque si un país no tiene cultura, está muerto».

 

Xosé Luis Vilela: «Non publicamos La Voz de Galicia en galego integramente pola falta de público»

la voz de galicia
Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, situado no polígono de Sabón (Arteixo).

Os alumnos de primeiro de Xornalismo acudiron á sede de La Voz de Galicia, situada no polígono de Sabón (Arteixo), o pasado luns. Os futuros xornalistas puideron manter unha charla sobre a profesión con Xosé Luis Vilela, director do xornal. Alí coñeceron o funcionamento interno de La Voz de Galicia  e visitaron o Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, único no seu xénero.

Xosé Luis Vilela, director actual de La Voz de Galicia, falou sobre os principios e o funcionamento do xornal que celebra este ano o seu 135 aniversario, con máis de 45.000 números. O director do xornal alegou: «Non publicamos La Voz de Galicia en galego integramente pola falta de público, se houbera 20.000 persoas que mercaran o xornal en galego publicaríase íntegro», respondendo así a unha das preguntas dos estudantes de Xornalismo.

La Voz de Galicia, que é o cuarto xornal máis vendido a nivel nacional, é un dos maiores referentes da nosa comunidade.» O xornal  non adapta as entrevistas, conferencias, declaracións, etc feitas en galego, aínda que en ocasións ocasiona problemas de comprensión para outros medios de comunicación españois , pois un dos nosos valores fundamentais é o compromiso coa lingua e a cultura galega», respondeu Vilela.

Os estudantes visitaron o Museo Santiago Rey Fernández-Latorre,  unha instalación única no seu xénero en todo o mundo que se atopa a carón da sede do xornal. O Museo  conta con  cabeceiras de todas as épocas da historia do Xornalismo e de todos os rincóns do mundo. O museo conta con preto de 5.000 exemplares de xornais e revistas e 38 máquinas de produción xornalística, considerándose así un gran tesouro na historia do Xornalsimo.

La Voz de Galicia da traballo a 700 persoas, das cales o 80% son xornalistas, polo que constitúe unha empresa moi importante para os estudantes de comunicación. A empresa abrangue tódolos ámbitos, xa que o medio está presente nos sectores da radio, a produción audiovisual, a televisión, Internet, impresión e distribución de produtos editoriais, a través de empresas como Radio Voz, V Televisión Canal Voz, La Voz de Asturias, Sondaxe ou Gaesa.

 

 

 

A vaca e o boi galegos obteñen a Indicación Xeográfica Protexida

noticia vaca

 (ENT) O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a orde da Consellería do Medio Rural pola que recoñece a denominación de orixe da vaca e o boi galegos. Con este recoñecemento, o selo de calidade da carne e do leite galego queda aprobado a nivel nacional. A partir de agora será necesario que estes produtos cumpran as características que se establecen no prego de condicións.

A IXP ampara á carne fresca de bois e vacas procedentes de Galicia, que se comercializa en todo tipo de cortes. Estas deben pertencer  ás principais razas de gando vacún existentes en Galicia: a rubia galega, morenas galegas, asturiana de los valles, limusina, rubia de Aquitania, pardo alpina e frisona.

O ámbito xeográfico de produción e elaboración da carne da IXP Vaca e Boi de Galicia abrangue á totalidade do territorio galego. Por este motivo, os animais deben nacer, criarse, engordarse, sacrificarse e despedazarse en Galicia, co obxectivo de preservar a súa especificidade e controlar as condicións de obtención do produto, así como a súa rastrexabilidade, para poder identificar os produtos.

Queda expresamente prohibido o emprego de produtos que poidan interferir no ritmo normal de engorda das reses, así como o emprego de derivados de animais reciclados. Para o control dos pensos compostos utilizados, os fabricantes subscribirán co Consello Regulador un acordo polo cal se comprometen ao cumprimento das especificacións sobre alimentación, co fin último de garantir a súa identidade.

Con esta denominación de orixe preténdese acabar coa etiquetaxe fraudulenta de produtos cárnicos e lácteos galegos, así como recoñecer a distinción e calidade dos produtos. Esta carne de cor vermello mantivo o mesmo coidado ó longo da historia: pequenos produtores, con números reducidos de vacas e unha ceba coidadosa e paciente en pastos moi favorables para os animais, que fan dos bois e das vacas galegas un produto único.

 

Rafael Quintía: «Halloween é unha adaptación da tradición celta do Samaín»

XVI - XVIII, la nueva fachada y la torre campanario, terminada en 1781
San André de Teixido- Concello de Cedeira

Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), concedeu onte unha entrevista a Radio Euskadi onde tratou sobre a visión particular da morte en Galicia e a súa vinculación coa parroquia de San André de Teixido, no Concello de Cedeira.

San André de Teixido é considerado un lugar moi relacionado coa morte en Galicia, debido á súa vinculación co fin do mundo. Rafael Quntía asegurou que unha das características principais de Galicia é a súa relación coa morte, xa que non é un pobo que o trate como un tema tabú. De feito, o mes de novembro culmina coa celebración do Samaín.

«A tradición atlántica do Samaín, que coincide á víspera de Todos os Santos, está a retomarse en Galicia grazas a Halloween, que foi unha adaptación da tradición celta do Samaín», asegurou o antropólogo  . Esta celebración ten lugar en novembro, un período vinculado á natureza, é o momento no que o sol ten menos luz e forza, polo que é asociada co máis alá.

Rafael Quintía asegurou que a relación coa morte en Galicia supón un vínculo terreal e afectivo, é unha relación directa entre os vivos e os mortos. San André de Teixido é un dos lugares máis vinculados a esta relación directa entre os vivos e os mortos, polo que Quintía recalcou a importancia desta parroquia galega.

 

Un kamikace provoca un accidente en Barbanza con dous mortos

coche

O responsable do accidente foi trasladado inmediatamente ao Hospital Clínico de Santiago, onde se atopa en estado grave.

Un home de 60 anos que conducía un BMW pola autovía do Barbanza en sentido contrario deixou dúas persoas mortas. As vítimas, de 30 anos de idade, conducían un skoda que se incendiou na colisión o pasado  martes.

O accidente que acabou coa vida dun home e dunha muller tivo lugar á altura da saída de Catoira, no Concello de Rianxo. Os veciños chamaron ao 112 e a Central de Coordinación de Urxencias do 061 recibiu o aviso ás 22:34 horas.

O conductor do vehículo que ía en sentido contrario resultou ferido de gravidade,polo que se desprazaron ao lugar do accidente dúas ambulacias asistenciais, outra medicalizada e persoal sanitario da PAC de Rianxo. O sexaxenario, que se atopaba en estado de gravidade, foi trasladado en ambulancia medicalizada ao Hospital Clínico de Santiago.

 

 

 

 

 

O DOG concede a protección nacional transitoria nos viños de Ribeiras do Morrazo

Ribeiras do Morrazo é recoñecida como área de protección nacional transitoria nos viños. A Comisión Europea transmitiu a súa solicitude de inscrición o 24 de novembro.

Ribeiras do Morrazo recibe a protección nacional transitoria á indicación xeográfica protexida, polo que só poderá ser empregada na comercialización dos viños que cumpran  as especificacións do prego de condicións transmitido á Comisión Europea. Os viños amparados coa indicación xeográfica protexida de Ribeiras do Morrazo deberán proceder
exclusivamente de viñedos procedentes de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa. A evolución do cultivo da vide no Morrazo tivo unha expansión crecente dende a Idade Media e ó fin foi recoñecida como área protexida pola Comisión Europea o pasado 24 de novembro.

Myriam Sierra: «O Sergas é a maior empresa de Ourense»

 

Resultado de imagen de comunicacion e saude xornada
Xornada de Comunicación e Saúde celebrada na facultade de Ciencias da Comunicación

O Sergas realizou en 2016 un total de 204.725 intervencións cirúrxicas, o que supón  5.035 máis que no ano anterior. Cifras como estas, amósannos a importancia e o melloramento do Servizo Galego de saúde. Myriam Sierra, Xefa de prensa da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada do Sergas (EOXI) en Ourense, asegura que o Sergas é a maior empresa de Galicia, e que por iso é fundamental na comunicación. Myriam, unha das participantes da xornada celebrada na facultade de Ciencias da Comunicación, afirma que a Lei de Protección de Datos impide publicar moita información e que é necesario unha maior especialización.

Dende a outra cara da moeda, Abelardo Sánchez, representante do sector dos pacientes, foi un dos participantes da xornada celebrada o martes, 7 de febreiro,  sobre o tratamento da comunicación e a saúde en Galicia. Abelardo Sánchez, reivindicou a necesidade de evitar a frialdade entre médico e paciente e considera que unha boa comunicación é esencial para coñecer o tema sanitario. «A boa comunicación é clave, a información ten que axudar á innovación». Ramón Frexes, Director Nacinal de Relacións Institucionais de Janssen, coincide con el e asegura que a súa empresa loita por conseguir romper esa barreira entre médico e paciente. A súa empresa é unha das que máis productos farmacéuticos abrangue na actualidade, e polo tanto,  das máis influintes.

Xoel Gómez, xornalista da Voz de Galicia especializado en Sanidade e Ensino, falou da súa experiencia como xornalista adicado á sanidade e apelou á dificultade de informar de maneira veraz debido á competencia coas novas tecnoloxías. «A maior mudanza nos medios de comunicación en canto á saúde nos últimos anos foron os gabinetes de comunicación porque facilita o traballo dos medios». Algúns dos temas nos que coinciden os profesionais son a importancia das novas tecnoloxías no mundo da comunicación e da saúde, sendo unha ferramenta fundamental para chegar á cidadanía, pero dificultando en ocasións a súa veracidade pola rápida difusión. É por isto, que os comunicadores deben asegurarse de ser una ponte coa cidadanía no tema da sanidade.

 

 

 

 

 

La Madrid Fashion Week pisa fuerte este 2017

La Madrid Fashion Week se convierte, como cada año, en una reunión muy importante para los amantes de la moda en nuestro país. El estilo de famosos e influencers compite con la pasarela más importante de España.

Esta semana se celebra la Madrid Fashion Week, uno de los eventos más relevantes para diseñadores, periodistas, fotógrafos, influencers…En definitiva, para los amantes de la moda. Este año, la pasarela más famosa de España, cuenta con diseñadores de la talla de Jorge Vázquez,  Juana Martín o Ulises Mérida, entre otros. Hasta el momento hemos visto desfiles con mucha frescura y que nos han transportado a la moda de los años 90. Sin duda, estos desfiles serán la introducción a las nuevas tendencias de la próxima temporada en nuestro país.

El evento ha contado con multitud de personas interesadas con el mundo de la moda, y como no, personas con estilo que marcan tendencia. En la semana más importante de la moda madrileña, la pasarela no es lo único en lo que hay que fijarse. Los alrededores de IFEMA se llenan de celebrities, influencers, modelos, editores de moda, etc. Ellos también crean tendencia, y las miradas no se apartan de sus looks y nuevas aportaciones, ya que nos fijamos en los outfits de los que más saben de moda para conocer de primera mano las tendencias.